A culpa é un sentimento tan vello coma a humanidade, que nos acompaña a todos permanentemente e que precisamos entender. Sentimos culpa porque... Sabemos que algunhas das nosas accións asemellan ser coma unha bomba, pode chegar a destruír a alguén. Este sentimento quedará en nós coma unha lapa, permanecerá con nós e nunca o esqueceremos. É moi sinxelo intentar fuxir dela con xustificacións, culpando a outros ou negándoo. Ela non che deixara e ti tampou co a ela. Ao longo da vida os encontraredes innumerables veces. Porque intentamos evitala? Despois de todo é a base esencial que nos axudará a madurar coma se fose unha profesora. Cada unha das súas leccións fará que teñamos menos encontros con ela. Menos mal que a culpa existe, senón o ser humano non sería o mesmo. Coma unha amante que me odia quero que segas comigo, culpa. Os que din que todos somos diferentes se equivocan en algo, algo nos segue a todos, culpa. Sento dicir isto pero por moitas boas acc ións que fagamos ou se creemos que somos mellores persoas, ela non desaparecerá, estará alí para lembrarnos de que non somos Deuses, culpa. As situacións de preescolar “ É culpa súa non miña” eran contraditorias. Ambos a teñen e os demais non escapan dela, culpa. Sen culpa non somos culpables. Sen culpa non podemos chorar de alegría ou pena cos nosos. Sen culpa non somos humanos. Non te afastes nunca, culpa, miña amada que odio.
Mateo Ferreira Fernández.
Let's be careful out there
No hay comentarios:
Publicar un comentario